Archivos diarios: 12/04/2017

O mundo divídese en dous: os amantes dos gatos… e o resto. ADELAIDA&COCO

adelaida

 

Adelaida, unha moza urbanitafreelancey gatófila, pásase horas e horas diante do computador. Adicta ao traballo e tamén ás redes sociais, cústalle despegarse da pantalla. Por sorte conta coa compañía do seu gato Coco, que tenta desenganchala chamando a súa atención. Será por iso que Adelaida soporta eses momentos en que, como todo amante dos gatos sabe, o felino vólvese o rei da casa.